25 de julio de 2008

Outono


A chuvia cae e non deixa de caer.
Canta unha canción de tristura e de cristal.
¡Hai tanto tempo que o sol silenciou a súa cor!
As árbores teceron un ouro húmido...
sobre a miña cabeza e baixo dos meus pés.

A chuvia cae e non deixa de caer.
Nas súas gotas falla a cor do arco do ceu.
A súa trasparencia cúbrese de gris.
As árbores rompen a monotonía
Amosando unha mistura de verdes, ocres e marróns...
sobre a miña cabeza e baixo dos meus pés.

A chuvia cae e non deixa de caer.
Ás veces forte, outras miudiño.
O vento fai que rompa contra min.
Ás veces cala, e as gotas danzan ó meu carón, sorrindo...
sobre a miña cabeza e baixo dos meus pés.


A chuvia cae e non deixa de caer.
Mais aínda que non perciba o teu ardor
és ti quen se amosa a cotío, incomodamente, neses días gris...
sobre a miña cabeza e baixo dos meus pés.


Santiago de Compostela, 1997

No hay comentarios: